søndag den 2. september 2007

LUME, LUME, LUME...




O mesmo día en que se cumprían douscentos anos da queima de Copenhague, bombardeado pola mariña inglesa, a capital dinamarquesa volveu arder onte. Cumpríanse tamén seis meses da demolición de Ungdomshuset, e os mozos quixeron mandar unha mensaxe. Non esquecen o que ocorreu entón, non pararán ata ter de novo un centro xuvenil. Máis de mil rapaces manifestáronse polas rúas do barrio de Nørrebro, e a cousa rematou con queima de contenderores e destrucción de escaparates de supermercados e bancos. A policía acabaou botando gas lacrimóxeno, pero os enfrontamentos duraron ata as cinco da mañá. Uns cincuenta detidos, un número máis que engadir ao milleiro de persoas arrestadas nos últimos seis meses. Onte tamén, en Aarhus, un bar frecuentado por mozos de esquerdas foi atacado por nazis por segunda vez nuns días. Aínda non houbo detidos. En Suecia, sí, en violentos enfrontamentos entra fascistas e antifascistas en Gotemburgo, Estocolmo e Linköping...

2 kommentarer:

Eva sagde ...

Muy, muy interesante este blog.
Te seguiré leyendo.
La hermana de Maruxa :-)

LA MARU sagde ...

Para que luego digan que Dinamarca es el país de los pitufos...vaya jaleo que hay por ahí últimamente...lo que echo de menos un paseo en bicicleta por el parque de los ciervos...