tirsdag den 18. september 2007

COITADO LULA

O Lula foi embora. Mellor. Nunha semana de visita por Escandinavia (Finlandia, Suecia, Dinamarca, Noruega), amosounos porque é o presidente de "esquerdas" latinoamericano preferido dos gobernos europeus (con permiso da Bachelet). Os sempre ocorrentes xornalistas da televisión pública dinamarquesa aproveitaron a súa rolda de prensa co primeiro ministro Rasmussen para facer a pregunta de sempre: que lle pareceu a raíña Margarida?

"Antes de vir aquí non tiña o menor coñecemento do funcionamento das casas reais. Tras visitar estes países, pregúntome a min mesmo se lle sería posible a Dinamarca ou a Inglaterra prescindir das súas monarquías. Penso que non. A monarquía alí é máis ca eso, fai parte da cultura, está arraigada na alma. O pobo adora, o pobo gosta dela", dixo o ex sindicalista e suponse que aínda comunista Lula Da Silva.

Que axiña esqueceu o seu pasado o coitado de Lula. Nin Carrillo o tería dito mellor. Calquera día pide a restauración da monarquía no Brasil...

Ingen kommentarer: