onsdag den 25. april 2007

AI, PIA, PIA...


Esa loira que vedes a dereita é Pia Kjærsgaard, presidenta do Partido Popular Danés (DF). A Pia téñena comparado con Haider, pero coido que este ten alomenos certa capacidade intelectual, namentres que Pia non pasa de ser unha demagoga barata, ultranacionalista, ultraconservadora e antimusulmana. Gracias a ela e ao DF, o Goberno está no poder, cómpre non esquecelo.
Pois resulta que Pia é a xefa e mestra de Krarup (o que dixo que levar o veo ou similar era o mesmo que poñerse unha esvástica: ler no post de abaixo), e como boa mestra, non correxiu ao seu discípulo, senón que dixo que en esencia estaba de acordo con el. Bo, non ten nada de novo.
A cousa é que "Information", un xornal dinamarqués, sacou onte esta foto de Pia en Teherán en 2001, que mesmo aparece agochada na web do DF.
Por unha vez, teñen razón: neste caso, sería o mesmo que levar unha esvástica...

Ingen kommentarer: