mandag den 15. oktober 2007

HIROSHIMA, MON AMOUR


Centro de Aarhus. Sábado 13, contra ás doce e media. Pola rúa peonil chegan bufando vinte españolitos, entre eles, o inefable Manolo. As verbas non chegan para describir o espectáculo. "Olés", "a por ellos" (é incrible a variedade de cánticos, a imaxinación portentosa que reflicten), mozos vestidos de toureiros facendo de idem e outros de touros, rapazas con traxes de faralaes, paquitoschocolateros, quevivasaespaña, asubios ás mozas, etc, ante os abraiados nativos, que vían confirmados tódolos tópicos do españolismo de hai un século, deste e dos que están por vir. Spain is different. E vaia se se fixo notar.
Por suposto, había tamén bandeiróns "rojigualdos" (algúns ata con águias), bufandas de Ultrasur e camisetas de Raúl, ben visibles no estadio, como pancartas tipo "Erasmus de Aarhus", "Cercedilla presente", insultos groseiros aos rivais, etc.
Eses momentos de exaltación patria, de pandeireta e olé, só sirven para reafirmar a condición de galego apátrida e sentir cobiza por un novo Hiroshima. Na Porta do Sol ou na Maestranza de Sevilla, a poder ser.

3 kommentarer:

LA MARU sagde ...

Veo que te sientes identificado con tus compatriotas...mamáaaaaa!

Anonym sagde ...

Recórdasme a algúns dos galegos apátridas que foron a presenciala final da copa do rei fronte o Zaragoza e que cantaban cantigos tan imáxinativos como iste, creo que dicía así: "Nos vamos a follar a la Virgen del Pilar".

"Enola Gay"

Lolita sagde ...

Toda convicción es una cárcel

"Friedrich Wilhelm Nietzsche"