tirsdag den 23. oktober 2007

SE ME ESQUECIÓ...


Música Antigua é un grupo creado por Eduardo Paniagua, un sabio niso de afondar nas orixes da música medieval e amosar a riqueza daquela época, a suposta convivencia de culturas, etc. Paniagua e os seus mozos (4 en total, algún deles sae na foto) deron onte un concerto na Biblioteca Real de Copenhague, patrocinado pola embaixada de España. Como dixo o embaixador, para ofrecer unha imaxe distinta á dos tópicos do poeta asasinado na Guerra Civil e o flamenco. Muy bien, muy bien, muy bien, que dicía Farruco.
E iso fixo Paniagua (aparte di dicir que á saída vendía CDs do grupo), explicar cada canción, en que idioma foi escrita, etc. Só que a este suposto sabio se lle esqueceu unha cousa. Dicir que as Cantigas de Santa María foron escritas en galego ou galego-portugués, tanto ten. Pero en ningún caso en castelán, como erradamente puido crer o público dinamarqués. Cousas do Imperio, que todo o quere para si...

Ingen kommentarer: