fredag den 18. maj 2007

PIA NON PARA...


Se cadra preocupada de máis polo xurdimento dun novo partido de centro-dereita que arrasa nas enquisas, Pia Kjærsgaard, a líder do Partido Popular (terceira forza política do Parlamento dinamarqués, garante a maioría do Goberno), pisa a fondo estes días, aínda que queden dous anos para as próximas eleccións.

Según declarou onte a un xornal, Dinamarca debe prohibir por lei o uso do veo, da igual de que tipo, sexa unha burka ou un simple veo. E para escomezar, nas escolas.

Pia di que o veo envía un sinal de "son diferente, son musulmán e non unha parte da sociedade danesa" e de opresión. Por suposto, iso non se pode consentir. Outra cousa son os gorriños que levan os xudeus ou as cruces cristianas, porque non se trata de relixións que pretendan convertirse nunha lei para a toda sociedade, argumenta.

Cómpre lembrar que os musulmáns non chegan ao 5 por cento da sociedade danesa...

Ingen kommentarer: