torsdag den 17. maj 2007

BÓTALLE LUME

Arde Vigo coa loita do naval, arde Copenhague coa loita por Christiania. Unha loita de orixe e natureza distintas, claro, pero rebelión contra a inxustiza, en todo caso. En medio das negociacións co Estado dinamarqués na procura dun acordo que salve dalgún xeito a peculiaridade de Christiania, ás autoridades só se lles ocorreu mandar a policía o pasado luns a tirar unha casa. A xente reaccionou, claro. Chegaron tamén moitos mozos do momevento okupa. Houbo festa todo o día. E moita policía, moita. Que non se cortou nin un chisco , como se ve no vídeo. É un aviso do que pode ocorrer no futuro...

Ingen kommentarer: