mandag den 21. maj 2007

COITADA SEREA...


Nos seus máis de noventa anos de historia, a Sereíña (o símbolo máis recoñecible de Copenhague para o turismo foráneo, fronte a indeferencia ou desprezo de moitos dos seus habitantes, todo hai que dicilo) pasou por moitas. Arríncaronlle a cabeza dúas veces, un brazo outra, puxéronlle unha bomba, foi obxecto da ira das feministas, pintárona de vermello, de rosa, aparte de soportar o acoso dos turistas, maiormente xaponeses e españolitos. Mesmo lle puxeron outra serea máis moderna a uns centos de metros para que lle fixera a competencia.
Antonte, alguen decidiu poñerlle un veo e unha túnica, como resposta ás ideas da nosa amiga Pia sobre esta prenda. Onte pola noite, algún outro, quixo ir ser máis simpático e colgoulle unha saba branca, o símbolo universalmente vinculado á xente afouta do Klan.
Xeitosa non é, para que enganarnos. Pero a coitada sereíña non merecía que lle puxeran esa merda branca por riba...

2 kommentarer:

Luís sagde ...

E logo cando decidiches cambiar á lingua vernácula? Ou é que buscas subvención?

doutor frango sagde ...

Para subir axiña...

Carlos Morales