fredag den 25. januar 2008

ERGUE A TÚA BANDEIRA




Björk Guðmundsdóttir, esa cantante islandesa de talento innegable (aínda que algúns non lle vemos o de xenio por ningures e nos amola un pouco a súa voz de porcho chiando), ten unha teima, non moi coñecida fóra destas terras nórdicas: Dinamarca. Como calquer outro islandés, a ela lle encanta odiar a antiga metrópole, só que o di máis alto e ben clariño.
Un dos singles do seu último disco, "Volta", chámase "Declare Independence", un título xa de por si elocuente. Se había dúbidas sobre a quen vai dirixido, só fai falta boitarlle unha ollada ao videoclip.
Tódolos protagonistas levan dúas bandeiriñas: no brazo esquerdo, a de Groenlandia; no dereito, a das illas Feroe. Ámbolos dous territorios autónomos dinamarqueses e que nun futuro non moi lonxano serán independentes. E a ámbolos dous lles canta iso de "ergue a túa bandeira, non lles deixes facerche iso" ou "declara a independencia".
Hai uns meses, Björk foi cabeza de cartel no festival de Roskilde (Dinamarca). Tocou ante 50 ou 60.000 persoas (en medio dun diluvio). Non pasou nada. Alguen se imaxina o que tería ocurrido de ser ela peruana, terlle adicado unha canción similar a Euskal Herria e Galicia e cantar nun festival en Aranjuez? Mi ma..!

2 kommentarer:

Anonym sagde ...

me corro

Anonym sagde ...

me corro