tirsdag den 20. november 2007

EN NORUEGA NON SE ANDAN CON CARALLADAS


Ese que sae aí na foto sentado nunha padiola é un dos 15 nazis noruegueses que o domingo pola noite levou unha malleira en Oslo. Os mozos do NNSB (o partido nazi noruegués) xuntáronse no cemiterio de guerra Alfaset Gravlund, onde están enterrados os soldados nazis caídos en Noruega durante a ocupación, para facelles unha homenaxe, coitados. Pero atopáronse cunha sorpresa.
Vinte mozos enmascarados e vestidos con monos e chaleques reflectantes, apareceron alí facéndose pasar por policías. En realidade, eran antifeixistas disfrazados que levaban paus, bates, cintos, baionetas (si!) coas que lle deron unha boa somanta aos pelados. Cinco deles tiveron feridas de certa importancia e un foi hospitalizado.
A policía, sempre máis preocupada cando os que apandan son os nazis, di que os feitos son moi graves e cre que no NNSB pode haber antifeixistas infiltrados...

Ingen kommentarer: